Cando chegas de novas a un lugar sen saber onde comer, cada quen ten a súa estratexia de supervivencia. Estratexia ou estratexias, que poden ser moitas. Aínda que hai lugares que por historía e tradición van unidos a un produto. Isto ocorre na Illa de Arousa, lugar sinónimo de bo marisco. Unha das comidas máis comúns é o pulpo a feira.
Para cociñalo necesitamos:
- Un pulpo mediano
- 4 patacas
- Sal gorda
- Pimentón dulce/picante
- Aceite de oliva
O primeiro paso para cociñalo será limpalo, quitándolle os ollos, a boca, etc. Posteriormente poñeremos a agua nunha ola ao lume, cando comece a ferver sumerxiremos pouco a pouco o pulpo. Unha vez feito deixarémolo reposar tapado. Mentas o pulpo reposa na agua no que foi cocido, colleremos parte desta auga para cocer as patacas, que anteriormente foron cortadas en rodagas. O resultado serán unhas patacas con sabor a pulpo, Por último cortaremos o pulpo, e logo botarémoslle sal, espolvorearemos o pimentón, e finalmente o aceite.
O resultado será:
No hay comentarios:
Publicar un comentario